Páxinas

martes, 16 de febreiro de 2016

4 camisolas = 1 pantalón

Sigo viva! Tranquilos todos :-P

Atarefada coma non estivera nunca, aínda non sei moi ben que foi o que cambiou tanto, pero éche o que hai.


Total, que moito tempo apara coser non tiven, pero investín unha mañá semilibre da fin de semana en facer un pantalón de pixama. Hai tempo que me vexo asfixiada polas cousas que gardo na casa, somos cinco persoas (e tres bichos) pero o certo é que a maior acumuladora son eu sen ningunha clase de dúbida, ási que un día deume o arrebato, merquei o famoso libro da KonMari e púxenme a aplicalo. Estou aínda nelo, a ver se non perdo moito fuelle, de momento xa o agradeceron o meu armario e máis os libros e os papeis, aí andamos. O caso é que resultado da limpeza do armario desfíxenme dos pixamas que máis usaba, que tiñan moitísimos anos e estaban estirados, manchados, e dábanme máis frío ca calor, así que pasei a usar o resto que tiña apartados no caixón para cando se gastaran eses dous de sempre. Total, que moitos deses novos pixamas son só partes de arriba herdadas  e camisetas interiores de desvelle, así que propúxenme facerlles unha parella polo menos. Aproveitando as donacións de camisolas de meus irmáns cortei e cosín e isto foi o que saiu.

4 camisolas = 1 pantalón
4 camisolas = 1 pantalón
4 camisolas = 1 pantalón

A cintura apareceu de casualidade ó abrir un caixón das teas, gardeina logo de aproveitar un pantalón roto para facer outro para algunha das nenas, e xa non me lembraba dela (ehem, nunca me pasara tal cousa, ehem, ehem).

E si, xa vedes que pasou moito tempo e que o cachorro medrou "un chisco" de nada. 

4 camisolas = 1 pantalón

3 comentarios:

  1. Quem está vivo sempre aparece! Bom ouvir dessa limpeza, de vez enquando faz bem vaziar um pouco para poder encher. O pijama ficou jóia, nem tem cara de pijama! O cao creceu e teu cabelo encolheu, tas muy guapa! O que eu vejo é que com tres pequenos faz falta limpeza de brinquedos também :-)))))

    ResponderEliminar
  2. Canto tempooooo!!gustoume moito o pixama! xusto onte estiven a facer o mesmo solo que deume por facer unhas mallas que resultaron non ser o suficientemente elásticas jeje
    Encántame o teu pelo!! sí que estás moi guapa!

    ResponderEliminar
  3. Alégrome moito de non ser a única tola que anda desfacendo roupa para facer outras prendas. Agora mesmo teño posto un xersei de andar na casa feito de anacos doutros que non sei se me encanta ou me da vergoña que me vexan cando chaman á porta! :)

    ResponderEliminar

E ti que dis?