Páxinas

mércores, 8 de abril de 2015

OXOs

Aproveitando os retallos de trianguliños que tiña gardados de facer a manta do B. fixen esta mantiña para bebé.

oxos
oxos

Na traseira vai un retallo do revés da colcha da Z. E o acolchado fíxeno a máquina e logo repasando os contornos dos papaventos á man con fíos de perlé gordiños e de cores.

oxos
oxos

Resultou que entre todos eses triángulos apareceron moitos osiños, incluso os cadrados de cores forman a palabra OXO e hai un personaxe no medio de todo ese balbordo de cousas que podería ser un oso, así que decidín que esta tiña que ser a manta dos osos e escollín de entre as teas que me mandara Anna, as que tiñan osos para facer un bies de retallos.

oxos
oxos

As fotos non lle fan xustiza, pero levaba días intentando facelas, así que hoxe púxenme cando máis pegaba o sol e o chan reflexa un laranxa que non axuda nada. Prométovos que mellora moito en directo, tan leda e colorida e con moitas teas diferentes entre as que buscar.

E todos estes OXOs buscan dono, así que se alguén quere adoptalos irán xuntos nesta mantiña de aproximadamente 80x100cm facer compaña a algún bebé querido.

oxos

Se a queredes asubiade, de momento voulle buscar un sitio na tenda ;)

4 comentarios:

  1. Com pouca luz já se vê que bonita é esta colcha!

    ResponderEliminar
  2. É preciosísima! Gústame moito o patrón dos triángulos e como combinaches as Xs e os Os. A combinación de cores e o acolchado. Gústame porque é moi fresca.
    Este ano estás moi cosedora, non si? Ou é que o tempo cúndeche moito...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois fíxate que eu non sinto que cosa moito, paréceme que coso menos, pero igual é porque teño máis ideas de cousas para coser ca tempo... e así a lista nunca se cumpre.

      Eliminar

E ti que dis?