Páxinas

luns, 23 de marzo de 2015

Roto

A fin de semana pasada déronme uns vaqueiros por se quería facer algo con eles. Tiñan un roto enorme no traseiro, pero gustábanme, así que decidín amañalos. Primeiro pensei en facer o remendo con sashiko, pero ó final sempre me poden as presas, así que fíxeno coa máquina e cun fío branco, buscando o contraste para que se vise ben.

roto
roto

Xusto ese día no blogue de Elsie Marley publicaba o novo reto do creativity club, que era remendos visibles, e eu cumplira o reto xusto antes de que o publicaran! Por unha vez íame dar tempo, ha!

Agora viña a segunda parte. Os pantalóns son de home, e quédanme un chisco grandes... na liña boyfriend que se ve nas tendas. Curiosamente non teria mercado un deses pantalóns nas tendas, pero se mo dan, e ademáis teño que amañalo, parece que me dan máis ganas de poñelo.
Así que agora descosinlle a cinturilla e pensaba descoser tamén a costura lateral para meterlle un pouco, e logo ocorréuseme poñerlle un elástico na cintura no canto de volver coser a que traía, pero logo repenseino, e igual é mellor meterlle unha goma por dentro a esta mesma... a ver se consigo facer algo que acabe sendo medianamente poñible sen ter que desfacer todo o pantalón.

roto
roto
roto


É gracioso que non dea mercado uns vaqueiros porque non teño paciencia para probar e atopar uns que me gusten e que me guste como me sentan, pero logo son capaz de poñer calquera cousa que me dean...

Veremos se consigo amosárvolos en uso, algún consello?

2 comentarios:

  1. Enténdoche perfectamente! Eu fago cousas parecidas. Agora ando a tinxir unhas zapatillas de deporte que non me gustan demasiado, pero é que non consigo decidir qué me gustaría mercar... Creo que é que me pode a responsabilidade de mercar algo estupendo. Cando poñemos algo que xa está aí, se cumple uns mínimos xa serve, non ten que ser perfecto...

    ResponderEliminar
  2. jejje hai que ser aproveitadiña ;) eu tamén prefiro poñer calquera cousa a mercala...non me gusta nada mercar!
    Queda moi ben o zurcido, a min acábame de rachar un na perna pero non sei se serei quen de facelo na máquina...

    ResponderEliminar

E ti que dis?