Páxinas

luns, 5 de xaneiro de 2015

Estrelada

Xa sei, xa sei, aínda non vos contei da colcha grande que fixen para a L. , pero é que veño de rematar e entregar esta outra mantiña hai pouco e non puiden resistirme a contarvos porque ten moitas novidades para min.

As estrelas xa sabedes que non son novidade. No verán atopei esta tea de estreliñas nunha tenda local e merqueina só porque me gustaba... deille voltas a facer con ela unha camisa con carapucha para algunha das nenas, pero ó final non fixen nada con ela e quedou agardando. Logo da tenda donaron a mesma tea para o proxecto de Kimo-kaps, así que haberá gorriños de estrelas tapando cabezas suaves :)

estrelada

O caso é que tiña esta tea sen usar na casa, e tiña tamén unha amiga das de hai moitos anos, dende o BUP, preñada do seu primeiro bebé. Facíame ilusión facerlle algo, porque os fillos das amigas de sempre son algo así como sobriños postizos, e como eu non teño sobriños, pois emociónome con estes.

A primeira novidade desta mantiña é que merquei teas específicamente para ela. Collín a tea de estrliñas e a súa paleta de cores e escollín. A segunda novidadefoi que fixen unha mantiña de triángulos, porque me gustan, pero tamén porque pensaba en como ía acolchala e nas figuras que se formarían nas interseccións.

estrelada
estrelada
estrelada

Os brancos engandinllos todos na casa porque ó poñerlle só a tea das estrelas na dianteira parecíame que había demasiado contraste coas outras teas, aínda que unha vez rematada teríame gustado que tivese cores máis saturadas, ó meterlle tanto branco quedou moi suaviña para o meu gusto.

Para acompañala fixen un coxín de estrela con tea branca finiña de polar que aínda queda por casa, e outra novidade que leva esta mantiña é que ó rematala laveina e metiña na secadora un pouco. Encántame como queda, supersuave e toda enrugadiña. Vese a diferencia nestas dúas fotos do final comparándoa coas fotos de arriba.

estrelada

estrelada

Vedes a estrela de seis puntas que se forma nas interseccións? Estrelas entre estrelas... só vos direi que lla dei porque debe ser que lle teño aprecio á miña amiga, proque coa miña obsesión coas estrelas, cando estaba rematada, teríame quedado con ela.

Pero a cambio de non quedar con ela tiven a satisfacción de saber que lle gustou, e un piropazo, xa que non lla dei en persoa díxome que dubidaran se a fixera eu ou a mercara porque se vía super profesional. :)

E "bebé" vai ter unha mantiña estrelada. Xa estou desexando vel@!

2 comentarios:

  1. Qué preciosidade! A mín precisamente gústame moito o aire que lle da os triángulos brancos entre as cores. A combinación de todos eles paréceme acertadísima.

    E teñen razón co do acabado. O acolchado é absolutamente profesional. A pouco que te desviases un pouco non se verían as estrelas tan perfectas...

    Eu teño ganas de poñerme cun patrón de triángulos como éstes feitos a máquina, porque ando metida cun par de mantiñas de paper piecing, con teas grosas e todo cansa...

    Bicos e bo aninovo.

    ResponderEliminar
  2. É unha maravilla dende logo...que cousa linda!!

    ResponderEliminar

E ti que dis?