Páxinas

mércores, 25 de xuño de 2014

Cariocas e bolsa

Tíñaas completamente esquecidas, pero cando as vin en Pandielleando tiven que facelas, de agasallo de aniversario para unha nena grande, a bolsa fíxena para gardalas e para que polo menos unha parte do agasallo fose aproveitable se ás cariocas non se lles sacaba partido.
Encántame como quedaron, pero a foto foi feita xusto antes de sair para o cumpreanos e está claro que non lles fai xustiza.

Agora fáltame facer un xogo para casa.

cariocas+bolsa

venres, 20 de xuño de 2014

Termos

A nosa vella lavadora (tiña 10 anos, pero era vella porque ía polo segundo amaño de 200€, así que acabamos de cambiala. Unha merda pero é o que hai.) tiña unha pantalliña na que puña termo xusto antes de rematar o programa. Prometo que pasei anos pensando para que quentaría ó final de todo, se xa non tiña auga... ata que un día caín na conta de que tiñamos o menú en portugués... e termo é fin.

Unha parvada sen nada que ver co que que quería contar pero que me veu á cabeza ó escribir ó título da entrada.

Agora o que viña dicir: hai algunha palabra para definir esa sensación cando chegas a un sitio novo para ti e onde todo se che fai raro, pero que está cheo de xente que xa o coñece e se sinte coma na casa? Se non a hai habería que inventala, porque esa sensación é única e inconfundible, verdade? Coma cando estás nunha festa en casa de alguén e non sabes ir ó baño, ou cando entras nun edificio de oficinas e non sabes onde dirixirte, ou cando empeza(ba)s nun cole novo, ou cando te apuntas a unha actividade da que non tés nin idea, ou... (poña aquí esa situación na que está pensando).

Dende hai tempo sigo moitos blogs e páxinas en inglés, o meu inglés é moi básico e moi macarrónico, a metade das veces non me entero da metade do que leo, pero vexo que nalgunhas cousas nos falta tanto vocabulario... igual son parvadas, pero ás veces penso por que nós non inventamos unha palabra para isto e eles si? Por que teñen nomes para cincuenta tipos de bolsos, bolsas e estoxos e para nós todos son o mesmo?
O inglés é un idioma simple pero eficaz, escoitei tantas veces dicir que o castelán é un idioma moi rico, e seguro que o é, pero cando en inglés necesitan unha palabra nova xuntan dúas ou engádenlle un sufixo e xa a teñen! Como o día que descubrín outnumbered, que vén sendo estar desparellados, pero sen implicar parellas, como o que sentimos as nais de tres nen@s que só temos dúas mans, por exemplo...

E non era a miña intención, pero xa que poñerme a escribir esta entrada me foi traendo ata aquí agora vou seguir. Cando era pequena e comezaba a ter clases de inglés había algo que me contrariaba, que non entendía e que me facía sentir incómoda: por que os nomes comúns non teñen xénero? Por que non podes saber se o teu cat é un gato ou unha gata dun vistazo e unha palabra? De verdade, non sei explicalo, pero facíame sentir que todo estaba mal... e un día co paso do tempo fíxenme nai, nai dunha filla, máis concretamente e esa filla quería ir a algún sitio que xa non podo lembrar e eu resposteille algo así como:

-  Aí non podemos ir porque non é para nenos.

E entón ela díxome:

-  E para nenas?

Non é un chiste, é a realidade. Eu, que sempre pensei que iso de falar sempre en feminino como facían "as feministas" era unha esaxeración ridícula, e que usar o dobre xénero (señores e señoras, nenos e nenas,...) era un coñazo, atopeime un día coa realidade que non vía e é que o noso idioma é fermoso pero non perfeto, que a diario as mulleres temos que vernos incluídas nos masculinos plurais e nin sequera somos conscientes delo, cando está claro que de pequenas non o sentimos así. Moldéasenos un chisco (máis) o cerebro sen sequera decatarnos.
Como cando hai relativamente pouco comezara ler "Consumir menos, vivir mejor" que comeza así:


Somos muchas las que, teniendo claro que nos gus- taría vivir “de otra manera” –más relajadamente, con más tiempo para disfrutar de la vida y cuidarnos, más ecológi- ca y solidariamente–, vemos que nuestra realidad coti- diana suele ser bastante diferente de nuestros valores y de la vida que soñamos.
Pero es difícil “salirse de la rueda”, y a menudo la corriente del entorno en que vivimos es muy fuerte y nos arrastra. Nos falta tiempo y apoyo, nos sentimos solas e incomprendidas, nos faltan ideas e información...

E o primeiro que fixen foi volver atrás mirar o autor porque eu pensaba que o escribía un home. Revelador, non? As mulleres sentímonos incluídas nun masculino plural, pero un feminino plural, que serñia lóxico que incluíra tamén ós homes, o que fai é excluílos. Temos (os galegos e os casteláns) un idioma sexista e confuso. Máis adiante atopábame con este parágrafo:

“Todas y todos” (aviso técnico 1)
Para entendernos. Suelo generalizar indistintamente en femenino y en masculino, por eso cuando leas, por ejemplo, “nosotras” no debes entender que sólo me refiero a mujeres, es una generalización igual que cuando decimos “nosotros” englobando a hombres y mujeres. El castellano es una lengua con normas sexistas que podríamos cambiar ¿no te parece?

Non sei se poderiamos cambialo, poderiamos cambiar o idioma tan de raíz?

Tiña razón Aivou o outro día cando me dicía que as cousas case nunca son perfetas... pero polo menos habería que intentalo, non?

NOTA: E agora a gozar da fin do cole! Por fin! Bo verán!

summer

xoves, 19 de xuño de 2014

Con petos

Logo de facerlle os pantalóns de atletismo á Z. pediume que lles fixese petos. A verdade é que como sempre andaba con mallas non pensei que botara en falta uns petos, pero seica si. Púxenme a mirar no armario das teas e vin que tiña un retallo de loneta gris que tiveramos que engadir a unhas cortiñas (mercámolas feitas pensando que eran para unha porta e eran para ventá). Resistentes e sufridos, para non ter que lavalos con cada posta.

Co mesmo patrón que usei para a parte de abaixo do peto de Barney (modelo i do happy homemade en talle 130) fixen estes pantalóns engadindo uns detalles nesa tea de puntiños. Mercáraa para a colcha da L., que está en proceso dende hai máis dun ano, e era tan pouca cantidade que só me sobraron dous trianguliños de menos de 10cm. Non sei se os usarei nalgo ou irán para encher un recheo de coxín...

dianteira

atrás

A idea era a mesma de facelos en talle 130 pero co longo da 110, pero sospeito que esquecín esa parte cando calquei o patrón porque cando llos fun probar tapábanlle parte dos xeonllos. Tiven que facer un apaño e mingüeinos un chisco (uns 4 cm) aínda que ela dixo que lle daba igual, que o que lle gustaba era a cor da tea e que xa os poría para os días "que fixera calor, pero non tanta". Ademáis véxollos un pouco amplos, igual co talle anterior era abondo, pero mellor grandes que pequenos...

E aínda que eu sempre teño presa por rematar en canto comezo unha prenda e adoito ir ó rápido, básico e sinxelo, teño que recoñecer que pararse a pensar e planificar un chisco e máis poñer atención nos detalles marca a diferencia.



peto atrás

peto diante

En canto os tiven rematados dixo que os quería estrear, así que levounos xa ó día seguinte de excursión xunto con esa bonequiña que sae nas fotos.

Fanme gracia estas fotos, feitas a toda presa antes de marchar para o cole porque se apiñaron todos no mesmo punto: sae un chisco da L, outro do B, un rabo de gato... :DD

Outra cousa que descubrín é que o liño dá moi bo coser comprado con esta loneta tesa... sorpréndome a min mesma notando estas diferenzas que nin sequera sei moi ben como explicar.

traseira

Teño que escoitalas para facer o que piden e que o poñan contentas. O seguinte na lista de peticións é unha saia vaqueira lisa para a L. A ver cando consigo rematala e se é do seu gusto.

luns, 9 de xuño de 2014

O peto de Barney

Coñecedes a película "La Gran aventura de Barney"? A miña recomendación é que non a vexades, non destaca pola súa calidade, vaia, pero chegou a nós de mans do avó Tito hai xa tempo, e ás nenas si lles gustaba. Hai un par de meses, revéndoa, a L. dixo que quería un peto vermello como o desa nena que sae na peli de Barney, e antes de que se arrepentise e cambiase o look por algunha disparatada saia de tul fucsia e suxeitador, decidín cumplirlle o desexo. Unha nena vestida cun peto vermello? Un peto unisex nunha película infantil levado por unha nena, desgraciadamente, non é algo habitual hoxe... nótanse ben os anos que ten a película (tamén na roupa do neno, ha!). Pero o caso é que iso fixo que a miña filla o quixese, así que había que aproveitar o momento.



Merquei un retallo de liño vermello que había nas teas ó peso e con el fixen o peto. Usei un patrón do libro Happy Homemade vol.2 para o pantalón (o modelo i, en talle 120, e o longo do talle 100) e improvisei a parte de arriba.

peto1

Todo o rato tiña na cabeza a idea do peto unisex, e pensando ademáis en que puidera utilizalo o B., pero xusto cando estaba facendo a parte de diante a L. achegouse, así que lle preguntei se quería que lle fixese un peto ou mellor sen el, e en dous minutos estragou a neutralidade: dixo que mellor dous petos e que quería colocarlles esa cinta gris brillante (que non teño nin idea de onde saiu)... e pensándoo ben: que neno de 5 ou 6 anos ía querer poñer un peto así hoxe?

peto4

A L. non quere nunca cousas frouxas, así que temendo que lle parecese incómodo ó non sei axustado coloqueille unha goma cosida na parte traseira da cintura. 

peto5
peto3
peto2

Quedei toda satisfeita con este invento. Pola parte da improvisación e polo acabado que conseguín, que se ve moi pulidiño. 

A verdade é que só sabía que levaba un peto vermello amplo, recén agora que busco as fotos vexo como era en realidade e non se parecen moito, igual aí está o éxito, porque ela está encantada.

luns, 2 de xuño de 2014

Con repolo

Preguntei por algunha comida rica con repolo e que non fose cocido.

As opcións foron:
- Con polo, comino e curry.
- Trinxat de col e patacas.
- Con pasta e bacon.
- Cocido en tiras cun sofrito de allo e cebola e con cúrcuma.

 Eu escollín a última opcion, pero en canto puxen o repolo en tiras a cocer vin que aquelo non era abondo para alimentarnos, así que decidín engadirlle a terceira opción e acompañar con pasta, e o do refrito con touciño tampouco pintaba mal, pero eu tiña unhas gambas soíñas no conxelador... e o comino queda ben co cúrcuma e nunca vai mal para aliviar os efectos secundarios das legumes e verduras.

30052014-IMG_9610
30052014-IMG_9613

Así que o resultado foi unha pasta con repolo e gambas.
Sorte que a opción da empanada de hojaldre con masa follada de repolo, tomate e queixo ma acaban de dar agora, porque medo me dá pensar que podía ter acabado metendo a pasta dentro da masa follada.

Por certo, estaba ben rica :)

NOTA: Eu agardaba un repolo como o que eu chamaba repolo, esa bola de verdura branca, pero eran unhas follas longas e verdes e o sabor era diferente, máis tirando a verza... non sei se era repolo doutro tipo ou o mesmo repolo medrado.